Seguro para particulares

Aseguramos compromiso

Para as consumidoras  é importante coñecer que uso fai o sistema asegurador do seu diñeiro.

En Arç Cooperativa traballamos con moitas compañías para atopar a mellor resposta ás súas necesidades, pero preferimos traballar con entidades que incorporen prácticas empresariais e financeiras máis sociais, sostibles e solidarias.

Na nosa oferta damos preferencia ás compañías con certificación de seguro ético e solidario – EthSI  e aquelas compañías que na súa política de responsabilidade social poñen en valor o investimento socialmente responsable, a cohesión social e a transparencia:

Compañías EthSI: Atlantis, DKV, Previsora General

Compañías socialmente responsables: Lagun Aro

CONSULTA OS DETALLES

Seguros
de automóbil

Se conduces poñemos á túa disposición dende o seguro mínimo para cubrir os posibles danos persoais ou materiais que poidas ocasionar ata a modalidade de Todo Risco, que garante a máxima protección do teu vehículo. Dende Arç Cooperativa ofrecemos pólizas de automóbil cunha ampla selección de coberturas e con prezos cooperativos.

QUERES REALIZAR UN ORZAMENTO?

Un fogar é máis que un teito e o seguro de fogar debe ser algo máis que un contrato. Cubre os danos materiais ou as responsabilidades das persoas que conviven nel e moitos imprevistos, pero tamén pode ser unha maneira de consumir de forma responsable, de practicar a sustentabilidade, de compartir uns valores.

Seguros
de fogar

Se queres gozar da tranquilidade de vivir na túa casa e ter cobertura para os danos causados por incendio, augas, roubo ou outros imprevistos que poidan afectar tanto no interior como no exterior da vivenda, dende Arç Cooperativa ofrecemos pólizas que protexen os riscos relativos á vivenda e aseguran outras responsabilidades derivadas da vida cotiá.

QUERES REALIZAR UN ORZAMENTO?

Seguro
de vida

Si queres coidar das túas persoas próximas e garantizar a continuidade dos vosos proxectos, protexelos có unha póliza de vida.

VOLS FER UN PRESSUPOST?

Outros seguros

Poñemos á túa disposición un seguro a medida e podemos dar resposta a calquera das túas necesidades: responsabilidade civil, saúde, asistencia en viaxe, bicicletas, plans de pensións e aforro, etc.

QUERES REALIZAR UN ORZAMENTO?