Arç Cooperativa

Somos unha corretaxe de seguros especializada no sector da economía social e solidaria, o mundo asociativo e as enerxías renovables. Apostamos pola xestión integral de seguros éticos e solidarios a través dos servizos de consultoría e corretaxe.

Constituímonos na primavera do ano 1983, coa misión de facer compatibles os valores de cooperativismo autoxestionario cunha xestión empresarial eficiente. Hoxe tramitamos os programas de seguros de máis de 2 000 cooperativas e outras organizacións e, cada ano, damos cobertura ás necesidades aseguradoras de 190 000 persoas.

joan-peiró

Valores cooperativos

Asumimos os valores do cooperativismo, de axuda mutua, responsabilidade, democracia, igualdade, equidade e solidariedade. Tamén cremos nos valores éticos da honestidade, a transparencia, a responsabilidade social e a preocupación polos demais e polo entorno.

Asumimos os principios da intercooperación a través da compra colectiva de seguros. Máis de sesenta colectivos do mundo asociativo e a economía social e solidaria estableceron acordos de colaboración con nós.

QUERES COÑECER AS NOSAS ALIANZAS?


“La labor cooperativa es una labor de acción social, eminentemente positiva y de construcción de un nuevo mundo” Joan Salas Anton.

Innovación

A pesar de que a xestión de seguros pareza un ámbito lonxe dos principios de autoxestión e democracia, desde Arç Cooperativa orientámonos durante máis de trinta anos a unir a previsión de riscos co fomento dunha sociedade máis xusta e unha economía solidaria. Por iso impulsamos o seguro ético e solidario, un novo concepto de seguro que pretende devolver ao mercado asegurador a práctica ética e solidaria propia do mutualismo orixinal e da banca ética.

QUERES SABER MÁIS DETALLES?
Sello EthSI

Somos a primeira corretaxe de seguros de Europa que dispón da certificación EthSI (Ethical and Solidarity Based Insurance) de calidade da xestión ética e solidaria.

grup ecos

A nosa vinculación coa economía solidaria ven de lonxe. Actualmente, Arç Cooperativa é membro activo da Xarxa d’Economia Solidària (XES) e daFederació de Cooperatives de Treball de Catalunya (FCTC) e socia de entidades de banca ética, como Coop57 e Fiare.

Comunidade

A nosa aposta por intercooperar e facer crecer o mercado social levounos a tecer alianzas.

ecos
Formamos parte, xunto cunha ducia de cooperativas máis, do Grup cooperatiu Ecos.

mesopcions
Participamos na creación da cooperativa Opcions de consum responsable, da que formamos parte como provedores de seguros para particulares.

caes
Xunto coa corretaxe SERYES constituímos a marca CAES, para promover o seguro ético e solidario no Estado español.