Seguro para enerxías renovables
Enerxías renovables: compromiso e coñecemento
Hai máis de 30 anos que Arç Cooperativa deseña e xestiona programas de seguro para proxectos e instalacións de xeración de enerxía de fonte renovable. Esta vocación nace do compromiso coa transformación do modelo enerxético e oriéntase a mellorar as condicións de sustentabilidade futura do noso planeta. A partir da nosa experiencia deseñamos produtos e programas adaptados ás necesidades dos proxectos de enerxía renovable independentemente da escala, a tecnoloxía, o marco normativo ou a súa situación.
Seguro por fases
- Todo Risco Montaxe: garante os danos e perdas materiais que poida sufrir a obra ou a montaxe asegurada como consecuencia dunha causa accidental e imprevisible.
- Advance Loss of Profits: para garantir a perda de beneficios derivada de atrasos na conclusión da montaxe, incluído o transporte, por sinistros cubertos pola póliza durante un período acordado.
- Responsabilidade civil: garante o pago das indemnizacións responsabilidade do asegurado por danos materiais ou persoais e dos gastos por fianzas civís e criminais, honorarios profesionais e gastos xudiciais.
- Transporte: para garantir os danos e a desaparición dos compoñentes transportados por vía terrestre ou marítima.
- Avaria de maquinaria: cobertura de reposición ou reparación de maquinaria en caso de avaría repentina ou imprevista causada por calquera causa non excluída.
- Garantía contractual: solución aseguradora para a cobertura de garantías contractuais de fabricantes de aeroxeradores e paneis fotovoltaicos (defectos en serie, garantía de ruído, garantía de curva de potencia, defecto de fabricación, etc.).
- Multirrisco de danos: .o contrato Multirrisco ten como obxecto cubrir os danos materiais de orixe externa e as perdas de produción que se deriven deles, como queda descrito nos condicionados (riscos nominados).
- Todo Risco de danos: os contratos Todo Risco están deseñados para cubrir calquera dano material de orixe externa, así como as perdas de produción que poidan derivarse deles.
- Responsabilitat civil d’explotació
- Responsabilitat civil d’immobles
- Responsabilitat civil d’instal·lacions
- Responsabilitat civil de l’activitat
- Responsabilitat civil Patronal
- Responsabilitat civil de productes i/o postreball
- Responsabilitat civil creuada
- Responsabilitat civil per danys al receptor de l’energia
- Responsabilitat civil per danys ambientals
- Fiances i defensa
Instalacións aseguradas
Para acceder ás mellores condicións dispoñibles tratamos cun amplo abano de compañías nacionais e mercados internacionais, incluídas compañías especializadas, facilities para produtos específicos e o Open Market de Lloyd’s.

Eólica
Elaboramos e aplicamos programas nacionais e internacionais de seguros para a industria eólica dende o ano 1984, aportando solucións aseguradoras para as diferentes necesidades de fabricantes, promotores e responsables de O&M: GE, Gamesa, Nordex, Vestas ou Siemens.
Fotovoltaica
A electrificación rural e os sistemas híbridos illados son o principio da nosa experiencia, aínda que actualmente a nosa carteira de proxectos fotovoltaicos supera os 100 MW instalados en plantas de ata 8 MWp e equipados con diversas tecnoloxías.
Outras fontes de xeración
A nosa experiencia diversifícase e consolídase cos seguros para o conxunto de tecnoloxías que integran o mix renovable: dispoñemos de produtos e solucións específicas para a aseguranza de minicentrais hidráulicas e plantas de biomasa e coxeración. Do mesmo modo, podemos levar a cabo o estudo e colocación de programas de seguro para a captación off-shore de enerxía das ondas e centrais termosolares.
Project Finance
Xestionamos numerosos programas de seguros ligados a Project Finance e outras modalidades de financiamento dirixidas por diferentes entidades financeiras.