Consultoría e asesoramento

Consultoría

A nosa experiencia e especialización na xestión de programas de seguros para a economía social e solidaria e as enerxías renovables permítenos ofrecer servizos de consultoría.

MÁS INFORMACIÓN

Diagnóstico e optimización

Servizo orientado a dispoñer da mellor combinación entre a xestión dos riscos transferidos ao mercado asegurador, as garantías aseguradas e o custo económico.

Análise da adecuación do programa á actividade realizada.

Revisión de:

  • Criterios de determinación de capitais asegurados, límites de indemnización e franquías.
  • Obrigas legais.
  • Obrigas con entidades financeiras.
  • Datas de efecto e tipo de pago.
  • Criterios de renovación.
  • Dispoñibilidade de ferramentas de xestión.
MÁS INFORMACIÓN

Due Diligence

Unha axeitada xestión de riscos afecta a todos os axentes implicados no desenvolvemento de proxectos, especialmente os ligados co financiamento, os que teñen intereses depositados nos activos e na produción, ou os que poden incorrer en responsabilidades contractuais e extracontractuais.

MÁS INFORMACIÓN

Dende Arç ofrecemos un servizo que combina a revisión xeral do proxecto a financiar; a análise dos contratos; a identificación, análise e valoración de riscos axeitados ao Project Finance e a proposta ou verificación do programa de seguros.

Valoración para o seguro ético

Os especialistas de Arç verificamos a idoneidade de pólizas de seguros para que sexan certificadas como éticas e solidarias.

Os criterios de valoración son:

  • Transparencia.
  • Fomento da sustentabilidade social.
  • Fomento da sustentabilidade ambiental.
MÁS INFORMACIÓN

A nosa experiencia no ámbito dos seguros éticos permítenos ofrecer recomendacións, diagnósticos, optimización e valoracións para aportarlle unha correcta orientación no mercado dos seguros para a economía social e solidaria.