Os nosos servizos
Xa hai máis de 30 anos que Arç Cooperativa ofrece servizos de seguros éticos a particulares e a empresas e entidades da economía solidaria. En conxunto, máis de 2.000 organizacións e 190 000 persoas confían os seus seguros á nosa corredoría.
Seguro particulares e familias
Coñece a nosa oferta de seguros éticos de fogar, coche, vida, accidentes, bicicletas, plans de pensións e aforro e asistencia en viaxe.
Seguro
empresas e organizacións
Poñemos ao alcance de entidades e empresas unha oferta de seguros de danos, responsabilidade e accidentes con produtos personalizados.
Seguro enerxías renovables
Ofrecemos respostas efectivas e flexibles para os riscos asegurables aos que se expoñen os axentes que interveñen en proxectos de enerxía de fonte renovable.
Consultoría e asesoramento
A nosa experiencia na xestión de programas de seguros para a economía social e solidaria e as enerxías renovables permítenos ofrecer servizos de consultoría personalizada.