Un equipo

De profesionais do seguro e a xestión asociadas para construír unha empresa cooperativa como espazo de realización persoal e de práctica dos valores da economía solidaria. Queremos facer do seguro unha ferramenta de solidariedade, útil para as persoas, xeradora de riqueza socioeconómica e transformadora da realidade política e económica.

Somos cooperativa por opción de vida das persoas que formamos parte do proxecto e porque a empresa democrática, participada, independente e autoxestionada é un vehículo de transformación social.

Unha organización democrática

Preocupada pola excelencia empresarial e baseada nos principios da propiedade colectiva e da economía social e solidaria:

Autoxestión: esixímonos responsabilidade, cooperación e autonomía no desenvolvemento da nosa carreira profesional.

Democracia económica: desenvolvemos metodoloxías de traballo en equipo e participación en todos os eidos da empresa.

Desenvolvemento sostible: preocupámonos pola sociedade e aplicamos criterios estritos de sustentabilidade social e ambiental.

Solidariedade: intercooperamos co noso ecosistema organizativo para promover procesos de transformación social e económica.