Consultoría e asesoramento
Consultoría
A nosa experiencia e especialización na xestión de programas de seguros para a economía social e solidaria e as enerxías renovables permítenos ofrecer servizos de consultoría.


Diagnóstico e optimización
Servizo orientado a dispoñer da mellor combinación entre a xestión dos riscos transferidos ao mercado asegurador, as garantías aseguradas e o custo económico.
Análise da adecuación do programa á actividade realizada.
Revisión de:
- Criterios de determinación de capitais asegurados, límites de indemnización e franquías.
- Obrigas legais.
- Obrigas con entidades financeiras.
- Datas de efecto e tipo de pagamento.
- Criterios de renovación.
- Dispoñibilidade de ferramentas de xestión.
Due diligence
Unha axeitada xestión de riscos afecta a todos os axentes implicados no desenvolvemento de proxectos, especialmente os ligados co financiamento, os que teñen intereses depositados nos activos e na produción, ou os que poden incorrer en responsabilidades contractuais e extracontractuais.
Dende Arç ofrecemos un servizo que combina a revisión xeral do proxecto a financiar; a análise dos contratos; a identificación, análise e valoración de riscos axeitados ao project finance e a proposta ou verificación do programa de seguros.

Valoración para o seguro ético
Os especialistas de Arç verificamos a idoneidade de pólizas de seguros para que sexan certificadas como éticas e solidarias.
Os criterios de valoración son:
- Transparencia.
- Fomento da sustentabilidade social.
- Fomento da sustentabilidade ambiental.