Seguro para particulares
Aseguramos compromiso
Para as persoas consumidoras é importante coñecer que uso fai o sistema asegurador dos seus cartos.
En Arç Cooperativa traballamos con moitas compañías para atopar a mellor resposta ás súas necesidades, pero preferimos traballar con entidades que incorporen prácticas empresariais e financeiras máis sociais, sostibles e solidarias.
Na nosa oferta damos preferencia ás compañías con certificación de seguro ético e solidario – EthSI e aquelas compañías que na súa política de responsabilidade social poñen en valor o investimento socialmente responsable, a cohesión social e a transparencia.
Seguro
de automóbil
Se conduces, poñemos ao teu dispor dende o seguro mínimo para cubrir os posibles danos persoais ou materiais que poidas ocasionar ata a modalidade de todo risco, que garante a máxima protección do teu vehículo. Dende Arç Cooperativa ofrecemos pólizas de automóbil cunha ampla selección de coberturas e con prezos cooperativos.
Seguro
de fogar
Un fogar é máis que un teito e o seguro de fogar debe ser algo máis que un contrato. Cubre os danos materiais ou as responsabilidades das persoas que conviven nel e moitos imprevistos, pero tamén pode ser unha maneira de consumir de forma responsable, de practicar a sustentabilidade, de compartir uns valores.
Seguro
de vida
Si queres coidar das túas persoas próximas e garantir a continuidade dos vosos proxectos, protéxeas cunha póliza de vida.
Outros seguros
Poñemos ao teu dispor un seguro a medida e podemos dar resposta a calquera das túas necesidades: responsabilidade civil, saúde, asistencia en viaxe, bicicletas, plans de pensións e aforro, etc.