Arç Cooperativa

Somos unha corredoría de seguros especializada no sector da economía social e solidaria, o mundo asociativo e as enerxías renovables. Apostamos pola xestión integral de seguros éticos e solidarios a través dos servizos de consultaría e corretaxe.

Constituímonos na primavera do ano 1983 coa misión de facer compatibles os valores de cooperativismo autoxestionario cunha xestión empresarial eficiente. Hoxe tramitamos os programas de seguros de máis de 2000 cooperativas e outras organizacións e, cada ano, damos cobertura ás necesidades aseguradoras de 190 000 persoas.

Valores cooperativos

Asumimos os valores do cooperativismo, de axuda mutua, responsabilidade, democracia, igualdade, equidade e solidariedade. Tamén cremos nos valores éticos da honestidade, a transparencia, a responsabilidade social e a preocupación polos máis e polo entorno.

Asumimos os principios da intercooperación a través da compra colectiva de seguros. Máis de sesenta colectivos do mundo asociativo e a economía social e solidaria estableceron acordos de colaboración con nós.

Queres coñecer as nosas alianzas?
joan-peiró

«A labor cooperativa é unha labor de acción social, eminentemente positiva e de construción dun novo mundo» Joan Salas Anton.

Innovación

Malia que a xestión de seguros pareza un eido lonxe dos principios de autoxestión e democracia, desde Arç Cooperativa orientámonos durante máis de trinta anos a unir a previsión de riscos co fomento dunha sociedade máis xusta e unha economía solidaria. Por iso impulsamos o seguro ético e solidario, un novo concepto de seguro que pretende devolver ao mercado asegurador a práctica ética e solidaria propia do mutualismo orixinal e da banca ética.

Queres saber máis detalles?
Selo EthSI

Somos a primeira corretaxe de seguros de Europa que dispón da certificación EthSI (Ethical and Solidarity Based Insurance) de calidade da xestión ética e solidaria.

grup ecos
A nosa vinculación coa economía solidaria vén de lonxe. Na actualidade, Arç Cooperativa é integrante activa da Rede de Economía Solidaria (XES, en catalán) e da Federación de Cooperativas de Traballo de Cataluña (FCTC) e socia de entidades de banca ética, como Coop57 e Fiare.

Comunidade

A nosa aposta por intercooperar e facer medrar o mercado social levounos a tecer alianzas.

caes
Xunto coa corredoría SERYES, constituímos a marca CAES para promover o seguro ético e solidario no Estado español.

ecos
Formamos parte, xunto cunha ducia de cooperativas máis, do Grup cooperatiu Ecos.


En colaboración con Previsora General, impulsamos Mutualcoop para ofrecer seguros de convenio colectivo a empresas do eido da economía social e solidaria. Mutualcoop baséase nos principios das finanzas éticas.

Opcions
Participamos na creación da cooperativa Opcions de consum responsable, da que formamos parte como provedores de seguros para particulares.