Seguro para empresas e organizacións
Seguros de danos materiais
Multirrisco para comercios, oficinas e industria
Pólizas combinadas de danos por incendio, roubo, inundación, cristais, avaría de maquinaria ou responsabilidade civil, entre outros.
Ramos
técnicos
Coberturas especializadas para a construción, a industria e proxectos de enxeñería: todo risco de construción, avaría de maquinaria ou transportes.
Seguros patrimoniais e de responsabilidade
Responsabilidade civil
Cobertura de reclamacións de terceiras persoas por danos corporais ou materiais, causados de maneira accidental pola persoa asegurada. Tamén están cubertos os gastos derivados do xuízo.
Responsabilidade de persoal de administración e dirección
Cobertura da responsabilidade imputable aos cargos directivos ou de administración das organizacións aseguradas.
Responsabilidade ambiental
Cobertura de responsabilidades e reparación por danos ao entorno natural e humano por contaminación repentina ou gradual provocada pola actividade asegurada.
Perdas e continxencias
Indemnización por perdas económicas derivadas dos eventos asegurados (perda de beneficios, suspensión de espectáculos, etc.).
Seguros de persoas
Pólizas colectivas de accidentes
Indemnizacións por morte ou invalidez das persoas aseguradas. As pólizas de accidentes poden incluír a cobertura dos gastos sanitarios e outras prestacións.
Produtos de previsión social
Seguros de vida, saúde, pensións ou aforro e outros produtos orientados a complementar prestacións sociais.
Subsidio por baixa
Prestación diaria por enfermidade ou accidente compatible e complementaria con calquera prestación social (autónomos ou réxime xeral).
Asistencia en viaxe
Pólizas combinadas para a protección integral de persoas desprazadas por razóns profesionais.
Outros seguros
Construción
Oferta aseguradora integral para proxectos de nova construción ou rehabilitación (todo risco construción, afianzamentos, decenal, RC).
Transportes
Pólizas combinadas de danos, roubo e outras continxencias por actividades de trasporte de bens ou mercadorías.
Seguros financeiros
Seguros de crédito e caución para facilitar a actividade industrial ou comercial mediante a constitución de garantías financeiras.
Programas de seguros
Deseño e xestión de programas de seguros para dar respostas integrais ao conxunto de necesidades de empresas e organizacións.