Seguro para enerxías renovables

Enerxías renovables: compromiso e coñecemento

Hai máis de 35 anos que Arç Cooperativa deseña e xestiona programas de seguro para proxectos e instalacións de xeración de enerxía de fonte renovable. Esta vocación nace do compromiso coa transformación do modelo enerxético e oriéntase a mellorar as condicións de sustentabilidade futura do noso planeta. A partir da nosa experiencia deseñamos produtos e programas adaptados ás necesidades dos proxectos de enerxía renovable independentemente da escala, a tecnoloxía, o marco normativo ou a súa situación. 

Assegurança per fases

Os Reais Decretos 1955/2000 e 1578/2008 establecen e rexen o depósito de garantías para responder das obrigas derivadas da solicitude de acceso á rede de distribución das instalacións de produción en réxime especial. O mercado asegurador ofrece o seguro de caución para a constitución de avais e garantías.
Seguro para cubrir os riscos da construción e a montaxe de instalacións xeradoras de enerxía de fonte renovable.

  • Todo risco montaxe: garante os danos e perdas materiais que poida sufrir a obra ou a montaxe asegurada como consecuencia dunha causa accidental e imprevisible.
  • Advance Loss of Profits: para garantir a perda de beneficios derivada de atrasos na conclusión da montaxe, incluído o transporte, por sinistros cubertos pola póliza durante un período acordado.
  • Responsabilidade civil: garante o pagamento das indemnizacións responsabilidade do asegurado por danos materiais ou persoais e dos gastos por fianzas civís e criminais, honorarios profesionais e gastos xudiciais.
  • Transporte: para garantir os danos e a desaparición dos compoñentes transportados por vía terrestre ou marítima.

  • Avaría de maquinaria: cobertura de reposición ou reparación de maquinaria en caso de avaría repentina ou imprevista causada por calquera causa non excluída.
  • Garantía contractual: solución aseguradora para a cobertura de garantías contractuais de fabricantes de aeroxeradores e paneis fotovoltaicos (defectos en serie, garantía de ruído, garantía de curva de potencia, defecto de fabricación, etc.).
  • Multirrisco de danos: o contrato Multirrisco ten como obxecto cubrir os danos materiais de orixe externa e as perdas de produción que se deriven deles, como queda descrito nos condicionados (riscos nominados).
  • Todo risco de danos: os contratos todo risco están deseñados para cubrir calquera dano material de orixe externa, así como as perdas de produción que poidan derivarse deles.

Seguro para garantir o pagamento das indemnizacións das que o asegurado poida resultar civilmente responsable por danos corporais ou materiais a terceiros segundo o Código Civil (art. 1902 a 1910).

  • Responsabilidade civil de explotación
  • Responsabilidade civil de inmobles
  • Responsabilidade civil de instalacións
  • Responsabilidade civil da actividade
  • Responsabilidade civil patronal
  • Responsabilidade civil de produto se/ou postraballo
  • Responsabilidade civil cruzada
  • Responsabilidade civil por danos ao receptor da enerxía
  • Responsabilidade civil por danos ambientais
  • Fianzas e defensa

QUERES REALIZAR UN ORZAMENTO?

Instal·lacions assegurades

Para acceder ás mellores condicións dispoñibles tratamos cun amplo abano de compañías nacionais e mercados internacionais, incluídas compañías especializadas, facilities para produtos específicos e o Open Market de Lloyd’s.

Eólica

Elaboramos e aplicamos programas nacionais e internacionais de seguros para a industria eólica dende o ano 1984, achegando solucións aseguradoras para as diferentes necesidades de fabricantes, promotores e responsables de O&M: GE, Gamesa, Nordex, Vestas ou Siemens.

Fotovoltaica

A electrificación rural e os sistemas híbridos illados son o principio da nosa experiencia, aínda que actualmente a nosa carteira de proxectos fotovoltaicos supera os 100 MW instalados en plantas de ata 8 MWp e equipados con diversas tecnoloxías.

Outras fontes de xeración

A nosa experiencia diversifícase e consolídase cos seguros para o conxunto de tecnoloxías que integran o mix renovable: dispoñemos de produtos e solucións específicas para a aseguranza de minicentrais hidráulicas e plantas de biomasa e coxeración. Do mesmo xeito, podemos levar a cabo o estudo e colocación de programas de seguro para a captación off-shore de enerxía das ondas e centrais termosolares.

Project finance

Xestionamos numerosos programas de seguros ligados a project finance e outras modalidades de financiamento dirixidas por diferentes entidades financeiras.

QUERES REALIZAR UN ORZAMENTO?