Xestión de sinistros e prestacións
Comprometidas coas persoas, empresas e organizacións
Queremos que as persoas, familias, organizacións e empresas que confiades en nós esteades moi acompañadas en todo momento. Por isto, pomos ao voso dispor un equipo de profesionais que ofrece asistencia e xestiona os vosos sinistros cun trato próximo e personalizado e, á vez, áxil e eficaz na xestión.
Unha resposta de calidade e personalizada
Construímos unha cooperativa próxima, que ofreza unha resposta máis eficaz e de calidade a todas as organizacións, empresas, persoas e familias que confiades en nós.
Xeramos valor
A xestión de incidencias, sinistros, reclamacións e outras prestacións supón unha parte moi importante da calidade da nosa proposta como mediadoras de seguros. Ademais, o noso traballo en rede permítemos ampliar a nosa oferta de servizos, como por exemplo unha primeira visita gratuíta en asesoramento xurídico ao Colectivo Ronda para consultas relacionadas co voso seguro.
Espazo de aprendizaxe e consolidación
Situamosa xestión de sinistros e prestacións nun espazo central da estrutura da nosa organización, o que nos permite xerar, consolidar e difundir coñecemento para toda a cooperativa; especialmente no relativo a prevención, avaliación dos produtos aseguradores, resposta das compañías aseguradoras, etc.