Arç Cooperativa

Somos unha corredoría de seguros especializada no sector da economía social e solidaria, o mundo asociativo e as enerxías renovables. Apostamos pola xestión integral de seguros éticos e solidarios a través dos servizos de consultaría e corretaxe.

Constituímonos na primavera do ano 1983 coa misión de facer compatibles os valores de cooperativismo autoxestionario cunha xestión empresarial eficiente. Hoxe tramitamos os programas de seguros de máis de 3 500 cooperativas e outras organizacións e, cada ano, damos cobertura ás necesidades aseguradoras de 250 000 persoas.

Valores cooperativos

Asumimos os valores do cooperativismo, de axuda mutua, responsabilidade, democracia, igualdade, equidade e solidariedade. Tamén cremos nos valores éticos da honestidade, a transparencia, a responsabilidade social e a preocupación polos máis e polo entorno.

Asumimos os principios da intercooperación a través da compra colectiva de seguros. Máis de sesenta colectivos do mundo asociativo e a economía social e solidaria estableceron acordos de colaboración con nós.

Queres coñecer as nosas alianzas?
joan-peiró

«A labor cooperativa é unha labor de acción social, eminentemente positiva e de construción dun novo mundo» Joan Salas Anton.

Innovación

Malia que a xestión de seguros pareza un eido lonxe dos principios de autoxestión e democracia, desde Arç Cooperativa orientámonos durante máis de trinta anos a unir a previsión de riscos co fomento dunha sociedade máis xusta e unha economía solidaria. Por iso impulsamos o seguro ético e solidario, un novo concepto de seguro que pretende devolver ao mercado asegurador a práctica ética e solidaria propia do mutualismo orixinal e da banca ética.

Queres saber máis detalles?
Selo EthSI

Somos a primeira corretaxe de seguros de Europa que dispón da certificación EthSI (Ethical and Solidarity Based Insurance) de calidade da xestión ética e solidaria.

grup ecos
A nosa vinculación coa economía solidaria vén de lonxe. Na actualidade, Arç Cooperativa é integrante activa da Rede de Economía Solidaria (XES, en catalán) e da Federación de Cooperativas de Traballo de Cataluña (FCTC) e socia de entidades de banca ética, como Coop57 e Fiare Banca Ética.

Comunidade

A nosa aposta por intercooperar e facer medrar o mercado social levounos a tecer alianzas.

caes
Xunto coa corredoría SERYES, constituímos a marca CAES para promover o seguro ético e solidario no Estado español.

ecos
Formamos parte, xunto cunha ducia de cooperativas máis, do Grup cooperatiu Ecos.


En colaboración con Previsora General, impulsamos Mutualcoop para ofrecer seguros de convenio colectivo a empresas do eido da economía social e solidaria. Mutualcoop baséase nos principios das finanzas éticas.

Opcions
Participamos na creación da cooperativa Opcions de consum responsable, da que formamos parte como provedores de seguros para particulares.