Arç Cooperativa
Somos unha corredoría de seguros especializada no sector da economía social e solidaria, o mundo asociativo e as enerxías renovables. Apostamos pola xestión integral de seguros éticos e solidarios a través dos servizos de consultaría e corretaxe.
Constituímonos na primavera do ano 1983 coa misión de facer compatibles os valores de cooperativismo autoxestionario cunha xestión empresarial eficiente. Hoxe tramitamos os programas de seguros de máis de 3 500 cooperativas e outras organizacións e, cada ano, damos cobertura ás necesidades aseguradoras de 250 000 persoas.
Valores cooperativos
Asumimos os valores do cooperativismo, de axuda mutua, responsabilidade, democracia, igualdade, equidade e solidariedade. Tamén cremos nos valores éticos da honestidade, a transparencia, a responsabilidade social e a preocupación polos máis e polo entorno.
Asumimos os principios da intercooperación a través da compra colectiva de seguros. Máis de sesenta colectivos do mundo asociativo e a economía social e solidaria estableceron acordos de colaboración con nós.
«A labor cooperativa é unha labor de acción social, eminentemente positiva e de construción dun novo mundo» Joan Salas Anton.
Innovación
Malia que a xestión de seguros pareza un eido lonxe dos principios de autoxestión e democracia, desde Arç Cooperativa orientámonos durante máis de trinta anos a unir a previsión de riscos co fomento dunha sociedade máis xusta e unha economía solidaria. Por iso impulsamos o seguro ético e solidario, un novo concepto de seguro que pretende devolver ao mercado asegurador a práctica ética e solidaria propia do mutualismo orixinal e da banca ética.
Selo EthSI
Somos a primeira corretaxe de seguros de Europa que dispón da certificación EthSI (Ethical and Solidarity Based Insurance) de calidade da xestión ética e solidaria.
Comunidade
A nosa aposta por intercooperar e facer medrar o mercado social levounos a tecer alianzas.
Xunto coa corredoría SERYES, constituímos a marca CAES para promover o seguro ético e solidario no Estado español.
Formamos parte, xunto cunha ducia de cooperativas máis, do Grup cooperatiu Ecos.
En colaboración con Previsora General, impulsamos Mutualcoop para ofrecer seguros de convenio colectivo a empresas do eido da economía social e solidaria. Mutualcoop baséase nos principios das finanzas éticas.
Participamos na creación da cooperativa Opcions de consum responsable, da que formamos parte como provedores de seguros para particulares.